CRTVG

Buscar

Ana Peleteiro e Tono Campos, os mellores deportistas galegos

Publicado o 08/11/2019 21:00

E rematamos cos galardoados e as galardoadas cos premios Deporte Galego, os deportistas galegos cos maiores méritos durante o ano.
Entre eles salienta como a mellor deportista feminina Ana Peleteiro. A ribeirense é a campioa de Europa en triplo salto e a sexta no Mundial de Doha. O mellor deportista masculino vai para o piragüista Tono Campos, que volveu con dous ouros e unha prata do Mundial da China. Tamén hai que mencionar a Alfonso Pardo e os compañeiros de Convivir deportivo da Radio Galega, eles reciben o premio ao mellor labor informativo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019