CRTVG

Buscar

Ana Peleteiro descansa en Ribeira despois da medalla de bronce no Mundial

Publicado o 13/03/2018 15:29

E está por Galicia, por Ribeira para ser máis exactos, Ana Peleteiro. O domingo será a estrela nos prolegómenos do Celta-Málaga. Ana Peleteiro pasará uns días de vacacións xunto á súa familia desfrutando da medalla de bronce lograda nos Mundiais de Birminghan. O obxectivo no que resta de ano sitúase no mes de agosto en Berlín coa disputa do Campionato de Europa.

Do Mundial de Pista Cuberta de Birmingham, ademais da medalla de bronce e a mellor marca da súa vida, Ana Peleteiro trae consigo unha imaxe que a acompañará sempre.

O salto de Peleteiro, 14 metros e 40 centímetros, é a segunda mellor marca da historia de España. Pero na busca da mellor versión de si mesma, os soños da ribeirense van máis alá. 

Un traballo que a galega non lograba encamiñar desde que fora campioa do mundo júnior no 2012, cun salto de 14,17 e só 16 anos. 

A carreira de Peleteiro mudou desde que se puxo baixo a dirección do cubano Iván Pedroso, unha institución no atletismo mundial.  

O próximo pode ser no Europeo ao aire libre. Será en agosto, en Berlín.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018