CRTVG

Buscar

Ana Peleteiro dará as badaladas este ano na TVG con Gayoso

Publicado o 10/12/2020 16:22

A atleta de Ribeira, Ana Peleteiro, será a encargada de acompañar todos os galegos durante as badaladas da Berenguela, esta fin de ano. Non agocha o seu entusiasmo: "Pois cando me propuxeron as badaladas deste ano fíxome moita ilusión porque é algo que ninguén imaxina que poida facer nunca; e, sobre todo, que mo ofrezan neste ano tan complicado para todos, pois aínda me fai máis ilusión!", di Peleteiro.

A campioa de Europa en pista cuberta de triplo salto ten unha mellor marca de 14 metros e 73 centímetros. A súa meta será chegar nos Xogos Olímpicos de Toquio aos 15 metros, pero este 31 de decembro, vaise conformar con chegar a 12.

E xa adianta as súas peticións para o ano que xa se vai achegando: "O que desexo para todos os galegos é moita saúde e, como coincide tamén o Xacobeo e os Xogos Olímpicos, pois desexo tamén que tanto un como o outro saian da mellor forma. Que sexa un ano cheo de boas noticias e de cousas bonitas".

Lembre, o 31 damos todas e todos o salto ao 2021 con Peleteiro e Gayoso!

 

Noticias web

10/12/2020