Ana Peleteiro dá o salto ao cine da man de Almodóvar
Publicado o 12/08/2021 21:20

A medallista galega nas olimpíadas de Tokyo, a atleta Ana Peleteiro, vai dar un salto agora que poucos predicían: ao cine da man do director Pedro Almodóvar.
Cada vez máis coñecida polos seus éxitos deportivos e a súa espontaneidade, ao cineasta manchego non lle fixo falta vela na final de triplo salto para fichala para o seu último proxecto: 'Madres paralelas', xa que o seu cameo gravouse antes de viaxar ao Xapón.
A película estrearase o 10 de setembro e Peleteiro compartirá elenco con actrices como Penélope Cruz ou Aitana Sánchez-Gijón.