CRTVG

Buscar

Ana Peleteiro, bronce no triplo salto do Campionato de Europa de Atletismo

Publicado o 11/08/2018 09:58

A ribeirense Ana Peleteiro conseguiu no Olímpico de Berlín a súa segunda medalla internacional absoluta ao clasificarse terceira na final europea de triplo coa marca do seu último salto, 14.44, no que quedou a un centímetro da prata.

A vitoria, con 14.60, foi para a grega Paraskevi Papahristou, a atleta que fora expulsada dos Xogos de Londres de 2012 por unha broma racista en Twitter.

A alemana Kristin Gierish, campioa de Europa en pista cuberta, quedou coa medalla de prata con 14.45, a súa mellor marca de sempre.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/08/2018