CRTVG

Buscar

Ana Pastor salienta que os futuros Orzamentos estatais "están baseados nunha mentira" inchando os ingresos

Publicado o 05/12/2020 13:51

Desde o Partido Popular, Ana Pastor sinalou que os futuros Orzamentos estatais están "baseados nunha mentira" e que son moi prexudicias para Galicia. Pastor lembrou que o seu partido presentou 1.500 emendas ás contas públicas en defensa dos sectores máis castigados pola pandemia e tamén de Galicia.

 "Están baseados nunha mentira, que son os ingresos. Incharon os ingresos e, por suposto, o que fan inchando os ingresos é mandarlles unhas contas falsas aos cidadáns. Isto de que non deixemos a ninguén atrás que llelo pregunten a moitos hostaleiros, a moitos autónomos, a moitas perruqueiras e a moitas persoas que neste momento están abocados a non poder volver abrir o seu negocio", explicou a vicesecretaria de Política Social do PP.

 

Noticias web

05/12/2020