CRTVG

Buscar

Ana Pastor despídese na derradeira sesión da lexislatura no Congreso

Publicado o 28/02/2019 15:36

Derradeira sesión no Congreso. Ao remate do pleno, Ana Pastor, a presidenta da institución, despediuse dos deputados. Discurso emotivo en que destacou que pagou a pena o esforzo. Pastor recibiu a ovación pechada do seu partido, e da oposición parlamentaria.

AP-9

O Congreso aprobou hoxe a tramitación rápida do traspaso a Galicia da titularidade da AP-9. En calquera caso, falta aínda unha fase e a transferencia queda sen efecto pola convocatoria das eleccións e a disolución da Cámara. En Marea denuncia un dobre xogo do PSOE. Asegura que o ministro de Fomento lles comunicou por escrito que o Goberno é partidario de que a AP-9 siga en mans do Estado, e que o fixo despois de votar a favor do debate da transferencia no Congreso.

Yolanda Díaz, deputada de En Marea no Congreso: "O Goberno considera oportuno manter a AP-9 na rede de estradas do Estado baixo a competencia da administración do Estado. É e vidente que cando xa en temporada electoral, o 14 de febreiro, o Goberno responde isto é que non vai transferir esta vía ao noso país".

Mantemento das autoestradas rescatadas

Hoxe coñecíase que o Ministerio de Fomento ten previsto contratar, no que queda de lexislatura, o mantemento das nove autoestradas de peaxe rescatadas. O Goberno pagará 42 millóns de euros ao ano pola súa conservación e para incrementar as máquinas quitaneve. O contrato licitarase por tres anos, prorrogables a cinco.

Noticias web

28/02/2019