CRTVG

Buscar

Ana Obregón, tras a morte do fillo: "Apagouse a miña vida"

Publicado o 14/05/2020 14:39

A morte de Álex Lequio deixou un regueiro de condolencias. A nai, a coñecida actriz e presentadora Ana Obregón, expresaba esta mañá cunha soa frase nas redes sociais o que a perda representa para ela. "Apagouse a miña vida", escribiu xunto a unha foto canda el.

Era seu único fillo, que tivo co italiano Alessandro Lequio hai 27 anos. O rapaz loitaba contra un cancro moi raro desde 2018, primeiro nun hospital de Nova York e despois en Madrid, Navarra e Barcelona, onde faleceu onte.

As redes sociais enchéronse de mensaxes de pésame desde que se coñeceu a noticia.

Noticias web

14/05/2020