Ana Moreiras publica 'Madialeva', o corazón do rural galego nun relato gráfico
Publicado o 05/02/2020 08:10
Relatos dunha aldea luguesa que mesturan realidade e ficción tanto nas historias que narran coma nos personaxes que as interpretan. Así é Madialeva, o libro de banda deseñada que acaba de publicar Ana Moreiras. Física de formación, traballa de mestra, pero tamén debuxa, pinta e escribe como artista polifacética e muller defensora do rural galego.