CRTVG

Buscar

Ana Miranda aspira a revalidar o escano do BNG na Eurocámara

Publicado o 02/05/2019 19:45
Ana Miranda aspira a revalidar o escano do BNG na Eurocámara

O BNG presentou en Santiago a candidatura coa que se presenta aos comicios europeos do próximo 26 de maio. A voceira nacional, Ana Pontón, foi a encargada de presentar a lista nacionalista, que encabeza Ana Miranda, e que aspira a revalidar o escano, que ocupou durante esta lexislatura.

Pontón cualificou esta candidatura como "de país", e coa intención de situar Galicia no mapa das nacións sen Estado. Os nacionalistas do BNG amosaron a súa confianza en acadar uns bos resultados e ter voz en Bruxelas.

Noticias web

02/05/2019