CRTVG

Buscar

Ana María Díaz: "O sistema de autorización de visita ás Cíes está operativo desde onte"

Publicado o 14/03/2018 10:13

Hoxe no tempo da entrevista falamos Con Ana María Díaz, directora xeral de Patrimonio Natural, do parque nacional Cíes Illas Atlánticas. Un tesouro natural que busca converterse en patrimonio da Unesco.

Illas Cíes como patrimonio da Unesco

"As cousas van ben encarriladas. A Xunta foi quen de presentar unha candidatura técnica moi rigurosa que pasou uns filtros por parte do Ministerio de Educación e foi proposta polo Reino de España. Na lista da Unesco temos que permanecer un ano, pero temos esperanzas de gañar na fase final". 

Aquipélago das Cíes

"É o conxunto do parque nacional, que comprende catro arquipélagos: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. O 81% do Parque Natural é marítimo e compleméntanse moi ben entre si". 

"Os seus valores son extraordinarios e tamén sensibles, que requiren a máxima protección. Cada arquipélago ten as súas variantes. En Cíes temos os fondos mariños de bosques de laminarias, algo único no mundo".

As visitas ás Cíes

"O parque ten establecidas unhas cotas de visitas. Queremos que a xente visite as Cíes, pero sen poñelas en perigo". 

"O sistema de autorización de visitas está operativo dende onte". "As Cíes teñen un cupo de 2.000 persoas e o próximo 23 comezará o transporte marítimo regular".

"Dende onte está operativa a web. Dun xeito moi simple e en poucos minutos obtés a túa autorización, obviamente de balde, para ir ás Illas no día que queiras. Despois cómpre mercar o billete para o barco". "Púxose operativa onte ás doce da mañá e á noitiña tiramos máis de 120 autorizacións". 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2018