CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Ana Kiro protagoniza 'Inimitables' en TVG

Publicado o 06/09/2016 21:46
Esta noite, a Televisión de Galicia lembra unha das artistas máis queridas da música popular galega.

Este mes fai seis anos do falecemento de Ana Kiro e o programa 'Inimitables' achéganos a vida e o mito dunha muller que foi moito máis que a raíña das romarías e das cancións para os emigrantes. Ana Kiro foi tamén pioneira do pop en España e unha das primeiras en reivindicar o uso do galego e o papel da muller na industria musical. O programa gravouse na casa da artista en Mera e complétase con conversas dos seus achegados e coas súas cancións máis coñecidas na súa propia voz e tamén interpretadas polos artistas convidados.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

06/09/2016