CRTVG

Buscar

Ana Julia Quezada comparece ante o xuíz para ratificar ou non a súa confesión

Publicado o 14/03/2018 08:14

• Asegura que actuou en defensa propia ante un arrebato de Gabriel

 A familia mantén a confianza na inocencia da muller

Este mediodía comparece ante o xuíz Ana Julia Quezada, ante o que debe de ratificar ou non a súa confesión de ser a responsable do crime do pequeno Gabriel, unha declaración da muller que chegaba no momento en se celebraba o funeral polo neno.

Ela asegura que actuou en defensa propia ante un arrebato de Gabriel, nunha confesión cargada de contradicións, conforme aseguran os investigadores, pensada para exculparse e lograr unha pena mínima ou burlar a prisión permanente revisable. A Garda Civil, que pasa agora o caso á xustiza, percibe incoherencias no relato do crime por parte de Ana Julia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2018