CRTVG

Buscar

Ana Julia Quezada apela e pide que se repita o xuízo con xurado profesional

Publicado o 30/10/2019 14:21

A defensa de Ana Julia Quezada solicita que se repita o xuízo por asasinato. O avogado de Ana Julia Quezada cre que se lle deron instrucións ao xurado. No recurso de apelación ao Tribunal Superior de Xustica de Andalucía apunta a existencia de "defectos na construción do obxecto do veredicto".

Esteban Hernández Thiel, o letrado, di que a morte do menor non foi premeditada e reclamou que, en caso de celebrarse unha nova vista oral, esta sexa realizada cun xurado profesional e non cun popular.

Noticias web

30/10/2019