CRTVG

Buscar

Ana Julia confesa que matou a Gabriel na leira familiar despois de discutir con el

Publicado o 13/03/2018 21:52

• Di que o golpeou cunha machada e que o asfixiou en defensa propia

• Así falaba na RG cando xa matara o neno

Multitudinaria despedida ao pequeno en Almería

 

 

Ana Julia Quezada confesa o asasinato do neno Gabriel Cruz. Tras gardar silencio durante dous días a única detida polo crime, comeza a colaborar cos investigadores.

De feito tras esa confesión a Garda Civil volveu con ela á quinta de Rodalquilar onde se cre que tivo agochado o corpo de Gabriel para reconstruír os feitos. Segundo fontes da investigación Ana Julia Quezada dixo que golpeou o neno durante unha discusión e que despois o asfixiou. Os investigadores traballan contra o reloxo recabando todas as probas posibles antes de levar a Quezada ante o xuíz.

Dous días despois de ser detida co corpo de Gabriel Cruz no coche, Ana Julia Quezada confesa o crime. Díxolles aos investigadores que durante unha discusión o pequeno a agrediu e ela golpeouno coa parte roma dunha machada. Despois asfixiouno.

A confesión produciuse na comandancia da Garda Civil de Almeria onde declarou durante dúas horas. Segundo fontes da investigación puido actuar movida polos celos ao rexeitar o pai de Gabriel marchar vivir con ela á República Dominicana. Tras a confesión os axentes volveron levala á quinta de Rodalquilar para reconstruír os feitos e recoller máis probas.

A Garda Civil tamén se dirixiu a un vertedoiro onde presuntamente a muller guindou a roupa do neno tras a desaparición. A investigación céntranse en demostrar como morreu Gabriel, se a detida actuou soa e onde ocultou o corpo. Ana Julia Quezada pasará este mércores a disposición do xuíz, que prohibiu a incineración do corpo do menor por se fose necesario facerlle máis probas forenses.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018