CRTVG

Buscar

Ana Belén Folgar: "As comisións non teñen que ser o negocio da banca"

Publicado o 13/12/2019 10:30

Ana Belén Folgar, secretaria xeral de Adicae en Galicia, falou no 'Bos días' da nova estratexia comercial que parecen seguir os bancos e que leva a un incremento das comisións que lles cobran aos clientes polos seus produtos.

"Consideramos que as comisións non teñen que ser o negocio da banca. O impacto calculamos que pode ser duns 20.000 millóns de euros".

Para ela, esta suba das comisións responde aos castigos que a xustiza lle veu impoñendo nos últimos tempos aos bancos declarando ilegais algunhas cláusulas que lle obrigaban a devolver moitos millóns de euros.

"O que estamos constatando é que cada vez que hai un revés xudicial que condena á banca a pagar millóns de euros, a estratexia comercial do sector adaptase para cubrir posibles desequilibiros nos seus balances", asegurou.

Para Adicae, "en xeral no tema das comisións, estamos encontrando que segue faltando transparencia para que o consumidor contrate nun ámbito seguro e comprendendo o que está contratando".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí