CRTVG

Buscar

Amplíase a campaña da vacina da gripe ata o 25 de xaneiro

Publicado o 07/01/2019 15:27

A campaña de vacinación contra a gripe comezou o 22 de outubro, pero o andazo gripal aínda non se acadou. Este é un dos motivos polo que se prorroga ata o 25 de xaneiro o prazo para poder vacinarse.

Andrés Paz-Ares, director xeral de Saúde Pública: "Debido a que a onda gripal se está atrasando este ano, pois a poboación de risco que non se vacinara, aínda está a tempo de facelo".

A Consellería de Sanidade lembra que toda aquela persoa que desexe vacinarse contra a gripe pode facelo acudindo a algún dos 900 puntos de vacinación que hai en Galicia, a maior parte nos hospitais públicos e centros de saúde, aínda que tamén é posible vacinarse en centros sanitarios privados e residencias da terceira idade.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2019