CRTVG

Buscar

A muller do home desaparecido no Saviñao pide máis medios

Publicado o 26/02/2019 22:34

Segue a busca de Emilio Pintor, un veciño da Coruña de 43 anos de idade, que leva desaparecido dende o venres. Os labores de busca céntranse entre Chantada e O Saviñao. A Policía Xudicial e o Grupo Especial de Operacións percorren o tramo de río, mentres que a Garda Civil rastrexa por terra.
Buscan o vehículo que conducía o desaparecido, un Citroën AX de cor negra e matrícula de Pontevedra.

Ademais, revisaron as gravacións das cámaras de vixilancia do encoro de Belesar para comprobar se o home pasou por alí. A familia non desbota organizarse pola súa conta para axudar nos labores de busca. O que se sabe é que o home realizou unha chamada na contorna de Belesar na madrugada do xoves ao venres. Dende ese momento perdeuse tanto a súa pista como o sinal do seu teléfono.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/02/2019