CRTVG

Buscar

Ampliar as terrazas ou traballar en interior con clientes vacinados: a hostalería pide medidas para sobrevivir

Publicado o 16/07/2021 15:14

En concellos con nivel alto de restricións a hostalería traballa só coas terrazas, e á metade de capacidade. A obriga de pechar o interior dos locais truncou as expectativas de salvar a campaña de verán. "O peche desfixo o futuro que poidamos ter como comerciantes" di Xerardo, un hostaleiro de Vilagarcía. "Aquí temos dous meses de verán, e logo quédanos todo o inverno" comenta Manuel, que rexenta un restaurante. "A ver os que aguantamos", sentencia. 

Dende a confederación de empresarios de Hostalería e Turismo de Galicia urxen medidas para sacalos desa situación crítica. "Que poidan volver abrir no interior pedindo probas de antíxenos ou PCR, e tamén hai moita xente vacinada" di o seu presidente, Cheché Real. 

Tamén reclama que as restricións non afecten aos espazos exteriores, de xeito que poidan traballar ao cen por cento de capacidade nas terrazas.

Noticias web

16/07/2021