Amplíanse as axudas ao sector do taxi en 290.000 euros
Publicado o 30/09/2020 17:07
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, mantivo un encontro con representantes do sector do taxi, aos que agradeceu o esforzo que están a facer para renovar a frota de vehículos.
Tamén os informou dunha nova ampliación nas axudas. Son 290.000 euros que irán destinados a taxis adaptados e de cero ou baixas emisións.