CRTVG

Buscar

Ampla presenza galega en Nüremberg, na maior feira de produtos ecolóxicos

Publicado o 13/02/2019 20:12

A feira Biofach recibe máis de 50.000 visitantes en cada edición e conta cuns 3.000 expositores de 129 países, entre os que figuran, este ano, 13 empresas galegas. Unha delas é Conservas do Noroeste. Os seus responsables explican que levan 12 anos apostando pola conserva ecolóxica que venden sobre todo no mercado español pero tamén en Italia e Francia.

"A medida que tamén se ven máis no mercado a conserva ecolóxica pois a xente vaise concienciando da importancia de consumir produtos ecolóxicos ou con certificación ecolóxica", di o responsable de Connorsa.

"Nestes últimos dous anos, o que intentamos facer é produtos que levan de ingrediente as algas, que é o noso principal produto para sectores determinados, como pode ser o sector infantil. Agora acabamos de desenvovler un aperitivo saudable", di a cofundadora de Porto.

Desde a Administración galega aseguran que o sector da agricultura ecolóxica hai tempo que deixou de ser unha anécdota. 

"Estamos a falar dun sector que xa merece o nome dun sector con maiúsculas, con crecementos dun 40 por cento de facturación, crecementos de máis dun 10 por cento por ano de crecementos que levaron a ter máis de 30.000 hectáreas de produción ecolóxica en Galicia", di a AGCA.

As empresas galegas aproveitarán os catro días de feira para acadar novos clientes e tamén para coñecer as preferencias dos consumidores.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2019