CRTVG

Pugdemont irá o martes ao Parlament

Publicado o 06/10/2017 14:45

O presidente da Generalitat comparecerá o martes no pleno para analizar a situación política catalá, pero a oposición non se fía.

Trala suspensión do pleno previsto para o luns, Carles Puigdemont presentou unha petición de comparecencia para o martes na que non hai referencia ningunha a unha eventual declaración unilateral de indepedencia. A mesa e a xunta de voceiros reuníronse a primeiras horas da tarde para admitir a petición e fixar a hora da comparecencia. Será as seis da tarde, e será para analizar a situación política. Pero os grupos da oposición non desacartan que no ultimo momento Junts Pel Sí e a Cup cambien a orde do día e inclúan a declaración de independencia.

Trala decisión do Tribunal  Constitucional de suspender o pleno convocado para luns, o presidente da Generalitat decidiu retrasar un día as súas explicacións no parlamento sobre o 1 de outubro. Carles Puigdemont enviou un escrito no que solicita comparecer o martes pero nel xa non referencias á lei do referendo. Simplemnte pide comparecer para analizar a situación política actual. Pero a CUP xa dixo que esa sesión debe servir para declarar a independencia.

A mesa e a xunta de voceiros reuníronse a primeiras horas da tarde e fixaron o pleno para o martes día 10, ás seis da tarde. A oposición lembra que a confianza entre os grupos, a Mesa e o goberno catalán está rota pero confían en que non haxa sorpresas. "Imos dicir o que teñamos que dicir pero non participaremos en ningunha votación" di o voceiro de Ciudadanos. "Alertamos e esperamos que Puigdemont sexa fiel á literalidade da petición de comparecencia que é só para informar da situación política" di a voceira do PSC. "Se alguén pretender colar pola porta de atrás ou pola chimenea unha DUI, o noso grupo votará en contra" di o voceiro de Catalunya Si Que Es Pot.

Os grupos da oposición pedíronlle á presidenta da cámara que garanta a seguridade dos deputados tanto á entrada como a saída do pleno, ante a posibilidade de que se poida producir unha importante concentración de persoas nos arredores do parlamento catalán.