CRTVG

Unha muller queda ferida tras ser atropelada en Ourense

Publicado o 06/10/2017 14:12

Foi nun paso de peóns do centro, preto do Xardín do Posío. A muller foi atropelada por un turismo que saía dun cruzamento e invadiu o paso de peóns. A vítima impactou contra o parabrisas do coche. Foi trasladada a un centro médico, cunha ferida na cara. Aparentemente, o seu estado non reviste gravidade.

A Policía Local, que acudiu ao lugar do accidente, levantou atestado do sinistro.