CRTVG

Galicia Noticias Mediodía

Un ourensán de 94 anos volve da emigración con trescentos cadros propios

Publicado o 03/10/2017 14:33

Artemio Barandela, ourensán de 94 anos, pinta a diario, igual que leva pintando nos últimos setenta anos. Volveu a Galicia hai cinco meses, despois de que con 23 anos marchara para A Arxentina, México e aos Estados Unidos. En Miami viviu o último medio século, pero é en Ourense onde amorea a maioría da súa obra.








Artemio Barandela retornou a Galicia hai cinco meses. Marchou á Arxentina con 23 anos, de alí pasou a México e por último aos Estados Unidos. En Miami, onde casou, viviu as últimas cinco décadas. Cando emigrou, no ano corenta, xa se iniciara na pintura despois dos seus estudos no Seminario Maior.

A súa especialidade son os retratos. En Miami, onde completou a súa formación como artista, pintaba todas aquelas persoas que posaban para os que se iniciaban na arte dos retratos. En sete décadas asegura que nunca tivo necesidade de vender ningunha das súas obras pero si regalou moitas.

Toda a súa obra permanece no piso de Ourense que Artemio lle comprou a unha irmá emigrada en México. Espera expoñer todas as súas pinturas nunha das salas de exposición da cidade.