CRTVG

Un garda de seguridade despedido ata a catro meniños nunha gardería

Publicado o 06/10/2017 22:05

Un garda de seguridade despedido provoca un masacre nunha gardería do Brasil. O home empapou os meniños en alcol e prendeulles lume. Morreron 4 rapaces e un mestre. Tamén o propio agresor.

O suceso ocorreu na cidade brasileira de Janauba, no estado de Minas Gerais. Un garda de seguridade, de 50 anos, acudiu ao seu centro de traballo a levar unha baixa cando foi despedido.  O home colleu entón varios rapaces, empapounos en alcol e prendeu lume neles e no centro. Morreron catro meniños e un mestre. Tamén o propio agresor se incendiou a si mesmo. Faleceu horas despois no hospital. 

"Un veciño chamoume a berros e díxome que o centro estaba ardendo. Fun correndo para axudar e salvei uns 15 nenos", conta Jose dos Santos.Máis de 40 persoas precisaron asistencia. 26 delas continúan ingresadas en hospitais con queimaduras graves. As autoridades locais decretaron 7 días de loito oficial.