CRTVG

Un científico galego participa nunha investigación que relaciona o estrés postraumático co alzheimer

Publicado o 06/08/2017 14:30

Roberto Agis-Balboa insisite en que o desafío é deseñar fármacos específicos, e que é necesario investir en nvestigación

Vivir unha guerra, sufrir unha violación ou un maltrato son algúns dos motivos que poden causar estrés postraumático, unha enfermidade mental que está demostrado que pode influír moito á hora de padecer alzheimer.

Un científico galego participa nunha investigación para descubir as causas desta relación causa enfecto e tamén os fármacos para a súa prevencion e curacion.

O xornal médico EMBO acaba de publicar un estudo liderado por este neurocientífico galego no que se explican as causas polas que o estrés postraumático acelera o alzheimer.

Estes investigacións tamén abren a porta a novos fármacos e a outros usos dos existentes.

Roberto Agis-Balboa insisite en que o desafío é deseñar fármacos específicos, e que é necesario investir en nvestigación.

Agís-Balboa ten unha bolsa Ramón y Cajal e traballa no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, con sede no Cunqueiro.