CRTVG

Seguen sen identificar as dúas persoas calcinadas nun accidente en Madrid

Publicado o 06/10/2017 15:03

Aínda non se sabe oficialmente a identidade das dúas persoas que faceleron carbonizadas nun accidente de tráfico na localidade madrileña de Guadalix de la Sierra.

Parece ser que o coche no que circulaban, que quedou totalmente calcinado tras saír da estrada e chocar cunha árbore, pertence a un sacerdote da zona. Co cal sería  posible que as dúas vítimas mortais fosen o cura e súa nai, de 70 e 90 anos.