Rueda pídelle ao Goberno que aclare por que en Galicia se usa un criterio de mobilidade máis restritivo
Publicado o 05/05/2020 16:08
A pesca recreativa fluvial e marítima e as tarefas de mantemento de embarcacións recreativas están permitidas en Galicia. Decidiuno esta mañá o Centro de Coordinación Operativa da Xunta.
Tamén acordou solicitar ao Ministerio que aclare por que en Galicia se usa un criterio máis restritivo que en Asturias para decidir a mobilidade da poboación en núcleos inferiores aos 5.000 habitantes.