CRTVG

Retoman a busca do corpo de Marta del Castillo

Publicado o 05/05/2020 15:26

A Policía Nacional volveu buscar o corpo de Marta del Castillo, once anos despois do crime da moza. Ao parecer, a busca realizouse nunha finca agraria onde o asasino confeso, Miguel Carcaño, xa a sinalara coma o lugar onde agochou o cadáver.

Lembremos que se reabriu o caso en febreiro por orde dun xulgado de Sevilla para comprobar unha nova investigación que apunta ao irmán de Carcaño, Francisco Javier Delgado, coma o suposto autor do asasinato para esconder unha estafa de 100.000 euros.