CRTVG

Recortes nos salarios públicos ou subir impostos, entre as medidas para aliviar as arcas públicas

Publicado o 05/05/2020 15:12

A crise económica provocada pola COVID-19 fará caer o PIB ata o 9,2 por cento e incrementará o paro ata o 19 por cento. Algúns expertos apuntan que esta caída da economía obrigará ao estado a aplicar recortes nos salarios públicos ou subir impostos para aliviar as arcas públicas. Unha opinión que non comparten dende o foro económico de Galicia polo menos a curto prazo.

Dende o Banco de España advirten da fraxilidade das contas do Estado e reclaman un programa de consolidación fiscal a medio prazo e reformas para reducir o déficit. Dende algúns ámbitos apuntan a que unha das reformas que se debe abordar é a do sistema de pensións.

A implementación destas medidas dependerá de como xestione a UE o plan de reconstrución.