CRTVG

Unhas 45.000 persoas maniféstanse canda Puigdemont en Bruxelas

Publicado o 07/12/2017 20:05

Desde Bruxelas, arroupado, segundo as contas da policía belga,  por uns corenta e cinco mil independentistas chegados de Cataluña, Carles Puigdemont lanza durísimas críticas contra a Unión Europea, a quen acusa de apoiar a represión que, en opinión dos separatistas, exerce Rajoy en Cataluña. 

No que foi o primeiro acto de campaña conxunto das principais forzas independentistas de Cataluña, na capital comunitaria, vimos o ex-presidente da Generalitat  criticar con dureza a Unión Europea porque ignora as peticións secesionistas.

Puigdemont volveu pedir que Bruxelas interveña despois das eleccións do 21 de decembro en Cataluña. Unhas corenta e cinco mil persoas, segundo a policía belga, que é aproximadamente o mesmo número de xente que vive en Vilagarcía de Arousa, percorreron o barrio das institucións comunitarias. Pediron a liberdade dos presos que seguen considerando políticos e criticaron, unha vez máis, a represión que, din, exerce o Estado español sobre Cataluña.