CRTVG

Puigdemont anuncia na BBC que declarará a independencia en cuestión de días

Publicado o 03/10/2017 23:19

O presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, anunciou nunha entrevista á BBC que Cataluña declarará a independencia en cuestión de días. Puigdemont explica ao longo da conversa coa canle británica que o Govern "actuará a finais desta semana ou a comezos da seguinte".

A entrevista rexistrouse momentos antes de que o rei Filipe VI fixera unha declaración institucional na que destacou que o executivo catalán "esta actuando á marxe da lei".

Ao preguntarlle sobre que pasaría se Mariano Rajoy intervén para tomar o control do goberno catalán, Puigdemont asegurou que "sería un erro que o mudaría todo".