CRTVG

Primeira vitoria do Porriño Godoy Maceira

Publicado o 05/10/2017 22:57

En balonmán feminino chegou a primeira vitoria da temporada para o Porriño Godoy Maceira. Cuarta xornada de liga e, por fin, un triunfo para as rapazas de Abel Estévez, que sufriron para pechar o partido. Derrotaron por un gol o recentemente ascendido Santa Elaria. 27 a 26. Debutou a porteira Fátima. Sara Gil con sete goles e Cecilia Cacheda con cinco lideraron o ataque do Porriño.