CRTVG

Preséntase unha cervexa feita con pementos de Padrón

Publicado o 02/10/2017 17:08

A partir de agora non só poderemos degustar os pementos de Padrón fritidos e cunhas areas de sal. A cervexa feita con este pemento xa é unha realidade e hoxe puidémola ver e catar no convento franciscano de Herbón.

A presentación non podería ser noutro lugar. Foron os monxes franciscanos deste convento os que trouxeron de América a semente dun pemento picante que co tempo se coñecería como o pemento de Herbón. Este produto é o ingrediente diferenciador dunha nova cervexa.

A de pemento é a primeira dunha liña de cervexas de temporada que se irán presentando progresivamente e que terán como factor común o emprego de produtos 100% galegos. Esta cervexa, na que o pemento e o picante teñen especial protagonismo, sairá ao mercado a vindeira semana nunha edición limitada da que só se envasarán 16.000 botellas.