CRTVG

Galicia Noticias Mediodía

Os taxistas de Vigo van lucir a bandeira da cidade no capó

Publicado o 05/10/2017 14:22


Os taxistas de Vigo van lucir a bandeira da cidade no capó. Din que é para homoxeneizar a frota e evitar o intrusismo, porque queren frear a competencia que lles fan outros vehículos da comarca. Na cidade operan medio milleiro de licenzas, que teñen tres meses para colocar o vinilo.

En Londres os taxis son negros, en Nova York son amarelos e en Vigo lucirán a bandeira da cidade no capó para homoxeneizar a frota e evitar o intrusismo.Trátase dunha modificación da ordenanza municipal que permitirá que os vehículos sexan recoñecibles.

Unha vez aproben o cambio na ordenanza do taxi, disporán de tres meses para colocar os dous triángulos vermellos sobre o capó dos seus vehículos. A medida aprobarase para o máis de medio milleiro de licenzas que operan en Vigo.

Os vehículos autorizados que xa operan como taxis terán que incluír o vinilo e aqueles que se vaian incorporando á frota deberán facelo co novo distintivo.