CRTVG

Telexornal Serán

Ogier marca o mellor tempo no tramo espectáculo de Cataluña

Publicado o 05/10/2017 21:41



Sébastien Ogier fixo hoxe o mellor rexistro no ensaio previo do Rally de Cataluña, puntuable para o Mundial, e que arranca este venres. O francés, líder do mundial, amosou o seu poder cun tempo de 2 minutos, 5 segundos e 2 centésimas sobre un percorrido de 2,97 quilómetros. O británico Kris Meeke foi segundo mentres que o noruegués Andreas Mikkelsen entrou terceiro. A quinta praza foi para o español Dani Sordo.