CRTVG

O turismo en Cataluña reséntese pola incerteza política

Publicado o 06/10/2017 14:40

Tamén o turismo se está a resentir a consecuencia da situación que se vive en Cataluña. Algúns informes falan dunha caída do 20 por cento nas reservas. O sector hoteleiro alerta dunha baixada significativa nos hoteis cataláns, que nalgúns casos cifran no 20 por cento.

Os hostaleiros tamén temen que vaia a máis se continúa a inestabilidade, o que prexudicaría gravemente o turismo, un dos motores económicos de Cataluña. Varios cruceiros xa desviaron o seu percorrido para evitar Barcelona, e a compañía aérea American Airlines mesmo lles recomenda aos seus pasaxeiros non viaxar á capital catalá ata despois do 13 de outubro.