CRTVG

O PPdeG e o PSdeG apoian o discurso do Rei; BNG e En Marea néganse

Publicado o 06/10/2017 14:49

Rematou o terceiro día do Debate do Estado da Autonomía coa adhesión pública de populares e socialistas ao discurso do Rei. Non así do BNG e En Marea. O grupo liderado por Villares viviu ademais unha división cando tiveron que votar unha proposta para avalar o referendum catalán.

BNG e En Marea non quixeron sumarse a dúas propostas presentadas polo PP e apoiadas tamén polos socialistas: unha de adhesión ao discuso do rei sobre o desafío independentista en Cataluña e outra de recoñecemento ás forzas de seguridade.Entenden que o monarca non ten lexitimidade e que ofrece un discurso de parte.

Unha das propostas presentadas polo BNG trataba de darlle lexitimidade ao referendum catalán. Non saiu adiante porque PP e PSOE votaron en contra. En Marea votou a favor, pero non todo o grupo. Catro deputados, entre eles Carmen Santos, de Podemos, abstivéronse.