CRTVG

O Monbús Obradoiro medirase co Real Madrid na Supercopa

Publicado o 12/09/2018 21:47

O Obradoiro medirase co Real Madrid nas semifinais da Supercopa de España que, como saben, se disputará en Compostela a partir do venres. Cita esixente para o equipo anfitrión ante o vixente campión da Liga e de Europa. A cita será ás nove e media no Sar. Antes xogarase a outra eliminatoria en que se enfrontarán o Barcelona e mailo Baskonia. O sábado é a final, xusto despois do concurso de triplas en que participará o obradoirista Kostas Vasileiadis.