CRTVG

O Lugo afronta o segundo partido da semana no Carlos Belmonte

Publicado o 12/09/2018 21:44

Mañá é a quenda do Lugo na Copa, que visita o Albacete no Carlos Belmonte. Javi López, que só pensa en pasar de rolda, fará rotacións nunha semana en que o equipo disputará tres partidos. 

En Albacete serán titulares os que menos minutos acumulan. 8 dos que xogaron o luns no Metropolitano quedaron fóra da convocatoria. E produciránse por fin dúas estreas moi agardadas: a do portugués Miguel Vieira e tamén de Ramón Azeez logo dun verán no que estivo máis fóra ca dentro.

O Lugo xogou contra o Raio Majadahonda o luns ás 8 do serán, o Albacete mediuse co Reus o domingo ao mediodía. Case día e medio de diferenza.