CRTVG

O Goberno aproba un decreto para facilitar a saída de empresas de Cataluña

Publicado o 06/10/2017 14:33

Os requerimentos de moitas empresas catalás levaron ao goberno a aprobar medidas para axilizar o cambio de domicilio social. A partir de agora, bastará con que o decida o consello de administración da compañía, sen esperar a que se reuna a xunta de accionistas.

O goberno modifica a Lei de Sociedades para que o consello de administración dunha empresa poida decidir o cambio de domicilio social sen consultalo cos seus accionistas. Se unha compañía quere, pode seguir como ata agora, pero deberá dicilo expresamente nos estatutos. Co cambio desaparece o lapso mínimo dun mes que mediaba entre a convocatoria e a celebración da xunta de accionistas, un tempo no que as incertidumes podían lastrar os resultados das empresas. INSO goberno toma a decisión a instancias de moitas empresas como Caixabank e ante a alarma, dixo o ministro, que están xerando as decisións da Generalitat.INSO goberno consultou os cambios co PSOE e Ciudadanos. Este último xa dixo que o apoiará.