CRTVG

O FMI advirte que a situación en Cataluña podería frear os investimentos en España

Publicado o 06/10/2017 20:58

O Fondo Monetario Internacional advirte de que, se continúa a inquedanza sobre Cataluña, podería verse afectado o crecemento da economía española. É o primeiro aviso directo que fai unha institución internacional.

A chamada de atención chega desde o Fondo Monetario Internacional que,  por vez primeira, fala da situación en Cataluña. Desde Washington, asegura que as perspectivas para a economía española son boas polo momento pero advirte o FMI  que a confianza dos investidores en España está en perigo e pode perderse se continúa o conflito e  a tensión.

Desde Bruxelas non entran a valorar as fugas de sedes sociais de empresas a fóra de Cataluña pero volven pedir diálogo e que cese a confrontación.  España presentou a candidatura de Barcelona como sede da Axencia Europea do Medicamento. O organismo deixará Londres cando o Reino Unido saia da Unión. As opcións de Barcelona eran fortes, hai voces que insinúan que a tensión actual podería afectarlle negativamente.