CRTVG

O complexo Cabo Ortegal aspira a ser Xeoparque mundial da Unesco

Publicado o 06/10/2017 21:40

O cabo Ortegal podería converterse en xeoparque mundial da Unesco. Os promotores da candidatura salientan a singularidade xeolóxica da zona, que definen como "unha viaxe ao interior do planeta".

Aguillóns con máis de mil millóns de anos, cantís de máis de 600 metros, vales glaciares, minas de cobre, rochas únicas no planeta ....o complexo de Cabo Ortegal é todo un paraíso para os amantes da xeoloxía. O candidato ideal, din, para acadar o recoñecemento mundial de xeoparque.
Inserto Francisco Canosa.

En España hai 13 xeoparques. En Galicia ningún, pero hai dous proxectos aspirantes, o do Courel-Ribeira Sacra e este de Ortegal. Un recoñecemento que, insisten, permite a convivencia de actividades económicas coa protección dos valores naturais. Xa teñen feito o informe técnico e as actividades de promoción. Agora quedaría superar a fase administrativa e obter o "si" da Unesco. 
Inserto Francisco Canosa.

Existe unha sociedade de amigos do parque xeolóxico, con máis de 150 socios internacionais que apoian o proxecto. Unha iniciativa que situaría as formacións rochosas de Ortegal no podio mundial da xeoloxía.