CRTVG

Telexornal Mediodía

O número de peregrinos que elixe facer o Camiño portugués pola costa gaña adeptos

Publicado o 06/10/2017 15:09

O Camiño portugués pola costa ten cada vez máis adeptos. No que levamos de ano o número de peregrinos que realizan esta ruta incrementouse nun 174 por cento.

Desde o seu recoñecemento oficial como ruta Xacobea o ano pasado, o Camiño portugués pola costa consolidouse e xa o percorren peregrinos de 177 nacionalidades diferentes. A Xunta de Galicia aposta pola promoción da variante costeira desde A Guarda e o seu paso por concellos como Baiona, Nigrán, Vigo ou Redondela cara ao norte ata Compostela.