CRTVG

Gas Natural Fenosa acorda trasladar a súa sede social a Madrid

Publicado o 06/10/2017 14:37

CaixaBank trasladará a súa sede social a Valencia

• Freixenet e Codorníu tamén analizan esta posibilidade

• O FMI advirte dos riscos que pode entrañar para a economía a crise política catalá

 

Gas Natural Fenosa non é a única empresa que está a decidir sobre o seu futuro, CaixaBank podería seguir os pasos do Sabadell, que onte acordou o traslado a Alacante do seu domicilio social. A decisión de CaixaBank non é tan doada. Os seus estatutos recollen que son os accionistas os que teñen que aprobar o cambio. Pero o decreto do Goberno facilítalle o camiño da marcha.

A incerteza e a ameaza da declaración de independencia precipitou as decisións dos grandes grupos empresariais, os que máis estaban a perder en bolsa.

A primeira en dar o paso foi Oryzon. Trasladou a súa sede a Madrid. E nada máis tomar a decisión as súas accións pasaron de rexistrar fortes perdas a subir un 13% en bolsa.Tamén premiaron os investidores a decisión de Eurona Telecom que subiu máis dun sete por cento. Proclinic sae de Cataluña e sitúase en Zaragoza, o Sabadell cambiou a sede a Alacante.

É determinante no rumbo financeiro doutras entidades que poden hoxe seguir o seu exemplo, referímonos a CaixaBank. E a téxtil Dogi, firma fundada en 1954 pola familia Domènech. Abandona Cataluña.  Os investidores premiaron a decisión cun incremento en bolsa do 20 por cento.

Hoxe o foco está posto noutros grandes grupos. O principal, CaixaBank. Pero a decisión de saír de Cataluña está tamén sobre a mesa do consello de administración de Gas Natural que estuda mudarse a Madrid ou á Coruña e que celebra esta tarde un consello, Abertis, Catalana Occidente, ou mesmo Freixenet fortemente vinculada ao espírito e á sociedade catalá.