CRTVG

Un pintor chinés crea novas obras de pintura explosiva no Museo do Prado

Publicado o 06/10/2017 22:00

A pintura tamén pode ser explosiva, sobre todo se o artista vén do país que descubriu a pólvora. O chinés Guo-Quiang foi convidado polo Museo do Prado para a mostra "O espírito da pintura". A idea é establecer un diálogo cos grandes mestres do Prado. E faino deste xeito tan persoal. A pintura que creou hoxe amosa un león verde devorando o sol: Guo-Quiang esparce pólvora sobre un lenzo previamente preparado e despois, a química fai o resto. Di que é unha homenaxe á alquimia. A maiores, convértese así no primeiro artista que fai obra nova para a gran pinacoteca da arte española.