CRTVG

Telexornal Serán

Nadal xa está en cuartos en Pequín e avoga polo diálogo na cuestión catalá

Publicado o 05/10/2017 21:40

Rafa Nadal xa está en cuartos de final do Aberto da China.

A vitoria sobre o ruso Karen Khachanov colócao na seguinte rolda. O balear impúxose por un dobre 6-3. E iso que comezou con dúbidas cada unha das mangas. O ruso, número 42 do mundo, xogou sen complexos. Nadal buscará as semis fronte ao estadounidense John Isner, sexto cabeza de serie. Tras o encontro, Nadal instou ao diálogo para solucionar o conflito aberto en Cataluña.