CRTVG

Telexornal Mediodía

Mostra do sector da madeira no Museo da Cidade da Cultura

Publicado o 06/10/2017 15:34



Achegar outra mirada do sector da madeira ao cidadán e aos profesionais. E, de paso, presentar de maneira próxima os oficios e os espazos que o conforman. Con esta idea, a empresa madeireira FINSA organiza unha mostra itinerante que estes días recala na Cidade da Cultura de Santiago, cunha historia onde se detalla todo o proceso desde o monte ata a casa.


A proposta da exposición é ben clara: coñecer a vida dos materiais desde a súa orixe ata a última transformación. Por iso, a través de 'Conexión Finsa' podemos achegarnos ao proceso partindo do principio de conexión dos seis graos de separación.

O deseño e a arquitectura, seguido do oficio, do profesional que traballa a madeira, deseña o proxecto e o transforma, ata o usuario final que goza do traballo están presentes nesta mostra itinerante. Ata o 15 está no Museo da Cidade da Cultura, para despois comezar unha viaxe que levará o sector da madeira fóra das nosas fronteiras.