CRTVG

Morre o condutor dun ciclomotor en Teo

Publicado o 05/10/2017 13:53

Segundo os primeiros datos, no sinistro víronse implicados un camión e un ciclomotor, e o condutor deste último vehículo faleceu. O accidente puido deberse a unha posible incorporación incorrecta do motorista á vía que comunica Santiago co concello da Estrada, nunha zona que habitualmente soporta moito volume de circulación.