CRTVG

O banco Sabadell, o valor que máis baixa na bolsa española

Publicado o 06/10/2017 20:49

A axencia Moody's asegura que  se chega a declarar a independencia, Cataluña tería pechada a posibilidade de financiarse no exterior e nos mercados maioristas. Polo menos, ata que se disipase a incerteza inicial.

Esta incerteza segue condicionando a bolsa española, que hoxe pechou cunha baixada do 0,29%. O Sabadell foi o valor máis afectado. Perdeu un 1,89%. Caixabank perdeu un 0.58%, precisamente no día no que o seu consello de administración decidiu cambiar a sede social.Minutos antes do peche sóubose que Gas Natural tamén mudará a súa sede a Madrid, o que non afectou á súa cotización.